viernes, 29 de mayo de 2020

DESPEDIDA XAQUE AO VIRUS

Bos días familias,

Hoxe queremos agradecer enormemente a vosa participación neste xogo no que levamos inmersos dous meses conseguindo antivirus para a nosa loita.

Grazas especialmente a esas familias que tivestes que compatibilizar os vosos traballos con ser mestre desde casa e a difícil tarefa de ser nai ou pai.

Sen todos vós, isto non sería posible de ningunha das maneiras.

A continuación deixamos un pequeno vídeo recopilatorio dos vosos mellores momentos.

Agardamos que vos guste e que vos faga lembrar parte do que vivimos nestes últimos meses.

Grazas pola vosa paciencia, esforzo e dedicación. 

Mandámosvos unha fortísima aperta a tod@s.

Mil grazas de corazón 🤗 ❤️




jueves, 28 de mayo de 2020

CAMPAMENTOS DE VERÁN

XAQUE AO VIRUS CHEGA AO SEU FIN, PERO AÍNDA QUE REMATEMOS UNHA ETAPA INICIAMOS OUTRA. ANTE A NECESIDADE POR PARTE DAS FAMILIAS DE CONCILIAR, PODEREMOS GOZAR DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN 2020. 



Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta. O programa "CON CILIA NO COLE" levarase a cabo en diferentes colexios públicos da cidade. Premede nas imaxes para máis información.



Por outra banda, informamos ás familias que os días 1, 2 e 3 de xuño farase entrega de diplomas e medallas a aqueles nenos e nenas participantes en "Xaque ao Virus" no Forum Metropolitano de 16:00 a 18:00 h.


miércoles, 27 de mayo de 2020

RETO 29

Bos días, familias! 

Hoxe traemos o último reto de Xaque ao Virus e queremos agradecer enormemente a vosa participación e o voso esforzo.

De todos modos, non deixedes de botarlle un ollo ao blog o xoves e o venres xa que publicaremos información importante para tod@s.

Aquí vai o reto:

MENTE EN FORMA: FOTÓGRAFOS POR UN DÍA 

Agora que xa podemos facer máis actividades e dar moitos paseos, ir á praia, etc. Que vos parece se inmortalizamos eses lugares da natureza que tanto botamos de menos durante todo este tempo?

Con este bo clima que estamos tendo seguro que podedes fotografiar un montón de sitios preciosos ou sinxelamente un recuncho preferido, unhas flores, unha praia... Animádesvos? 

CORPO EN FORMA: QUEN É MÁIS ÁXIL? 

 Que tal andades de axilidade? Veña, buscade parella!!!

Estades? Moi ben, agora atentos, a continuación deixámosvos tres modalidades, a ver quen é o mais áxil:

  •          De pé, debemos tocar nun minuto de tempo o maior número de veces os xeonllos do compañeiro evitando que me toque os meus.
  •          De cuclillas, coma os ananiños, só usando as mans, debemos tirar ao compañeiro ao chan evitando que nos tiren ou caer, moi atentos!!
  •          Por último, un debe estar tumbado, bocabaixo ou bocarriba, vós decidides, e o outro como queira, de pé, de xeonllos...O que está tumbado ten que estar quieto coma un pau, só pode facer forza para abaixo. O que está de pé, usando todas as artimañas que queira, debe darlle a volta ao compañeiro que está tumbado.
Preparados, listos, XA!!

lunes, 25 de mayo de 2020

RETO 28

CORPO EN FORMA: RAIOS LÁSER

Para esta proba temos que crear un labirinto parecido a este no corredor da casa, usando:
Fíos, cordas ou papel (crepé, hixiénico...) Celo ou cinta adhesiva.
Agora que xa temos o labirinto, temos que cruzar dun extremo a outro sen tocar a corda ou o papel!! 


MENTE EN FORMA: PALILLOS MÁXICOS

O seguinte reto consiste en cambiar a dirección do peixe movendo só tres palillos. Serás capaz de conseguilo? A por todas! 




CLASIFICACIÓN XERAL 9

COMEZA A DERRADEIRA SEMANA DE XAQUE AO VIRUS CON CASE 40.000 ANTIVIRUS ACADADOS ENTRE TODOS OS COLEXIOS PARTICIPANTES.


UNHA VEZ MÁIS AGRADECER A VOSA PARTICIPACIÓN. E APROVEITADE AS SESIÓNS DESDE A CASA DE ESTA SEMANA, POIS TAMÉN SUMAN PUNTOS.

sábado, 23 de mayo de 2020

NASA


Gustaríache visitar a NASA e convertirte en astronauta sen saír da casa? Preme na seguinte imaxe!!






viernes, 22 de mayo de 2020

RETO 27

CORPO EN FORMA: EQUILIBRIOS AÉREOS

Para este reto precisaremos un globo por cada participante.

No corredor da casa, no parque, onde máis nos apeteza, colleremos unha distancia, a que queiramos, teremos que recorrela destes catro xeitos:

1. Tes que levar o globo dun lado ó outro, soprando.

2. Lévao dándolle toques coa cabeza, sen que caia ó chan.

3. De ida co ombreiro dereito, de volta co ombreiro esquerdo.

4. De ida coa man esquerda e de volta coa dereita.

Imos alá!


MENTE EN FORMA: VASO CHEO OU BALEIRO? 

Hoxe traemos un reto que parece moi difícil pero se pensamos un pouquiño seguro que o superamos rapidísimamente. 

Temos 3 vasos cheos e 3 baleiros




Que vaso dos seis que temos deberemos mover para que nos queden alternados do seguinte xeito? 




A pensar, chic@s :) 



jueves, 21 de mayo de 2020

XOGO EN CASA: ÚLTIMA SEMANA, ÚLTIMAS CLASES!!!

CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.
MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DESTAS SESIÓNS.

ESTE É O CALENDARIO DA VINDEIRA SEMANA. 


RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOG:

fapasagradafamilia@gmail.com 

ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE Á SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

miércoles, 20 de mayo de 2020

RETO 26

CORPO EN FORMA : ANIMALIÑOS

Animaliño, animaliño, cal está mellor imitadiño? Ímolo ver:

Busca un espazo amplo e prepárate, imos facer unha serie de carreiras imitando uns animais, incluídos os seus sons. 

·                     un gato 
·                     unha serpe
·                     unha ra 
·                     un mono
·                     un canguro 
·                     un cangrexo


MENTE EN FORMA: NON LEVANTES O LAPIS

Como debuxar un punto dentro dun círculo sen levantar o lapis.

Se queres pasar un bo rato, podes plantexar este reto aos teus amigos ou familiares. Parece moi sinxelo, verdade? Intentámolo?

A continuación aprenderás como facelo pero primeiro debes intentalo, vale? :)

Paso 1: debuxa un punto no centro do papel.


Paso 2: dobra o papel ata que toque o lapis.


Paso 3: sube o lapis enriba da parte dobrada do papel.


Paso 4: debuxa un cuarto de círculo ata que chegues ao borde do papel.


Paso 5: continúa un pouco máis para poder desdobrar o papel, xa estamos onde queremos estar. 


Paso 6: traza o círculo.


lunes, 18 de mayo de 2020

RETO 25

MENTE EN FORMA: SUPERPOSICIÓNS

Hoxe retámosvos a unha actividade na que o único que debedes facer é prestar moita atención. 

Aí vai o reto: Cal das seguintes figuras numeradas pode sobrepoñerse na figura da esquerda? Non é necesario que se tape completamente pero non a podedes sobrepasar. 



CORPO EN FORMA: BIRLOS

Quén xoga ós birlos?

Necesitaremos: 6 botellas ou tubos de rolo de papel e unha bóla (se non temos tamén serve un peluche). 

Colocaremos as botellas tres detrás, dúas diante, nos ocos entre as tres botellas, e a última diante das dúas, no oco que queda. Tomamos distancia, collemos a bóla e adiante!!

Quen tirará máis?




CLASIFICACIÓN XERAL 8

LEVAMOS OITO SEMANAS DE XOGO E CASE 35.000 PUNTOS ACADADOS ENTRE OS 27 CENTROS PARTICIPANTES. SEREMOS CAPACES DE CHEGAR ESTA SEMANA AOS 40.000 PUNTOS?

NON É DOADO, PERO XUNTOS SEGURO QUE PODEMOS.

ÁNIMO!!!


domingo, 17 de mayo de 2020

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Bos días, familias!

Sabedes que se celebra hoxe? Pois o Día das Letras Galegas. Este ano o escritor homenaxeado é o ferrolán Ricardo Carballo Calero ou máis coñecido como Ricardo Carvalho Calero, ​nome co que asinou as súas obras dende 1981.


A Real Academia Galega está ofrecendo contidos diversos a través da rede pensados para achegar de forma amena a figura e a súa obra ao público de todas as idades.

Os pequenos e pequenas da casa disporán de propostas lúdicas e didácticas na web: 


un espazo para a comunidade de infantil e primaria. Agardamos que vos guste. 

Feliz domingo! 

sábado, 16 de mayo de 2020

CABÁRCENO DESDE CASA

Unha visita ó zoo? Dende hai unhas semanas o zoo de Cabárceno danos a oportunidade de acercarnos ós animais e concienciarnos de coidar o medio ambiente e a natureza. 

Danos a oportunidade de ver o día a día cos animais, dende o recinto da granxa ata os gorilas, os rinocerontes brancos ou os elefantes africanos, todo en directo, e se perdestes algunha, deixan os enlaces para que os poidamos ver. 

Que sorte, verdade? Isto é interesantísimo!!


PREME NA IMAXE :) 



XOGO NA CASA: NOVA SEMANA, NOVAS PROPOSTAS

CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.
MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DAS SESIÓNS DESTA SEMANA. 

PROPOÑÉMOSVOS MÁIS ACTIVIDADES DIVERTIDAS PARA FACER NA CASA. AÍ VAI O CALENDARIO PARA A VINDEIRA SEMANA. 





RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOG.

fapasagradafamilia@gmail.com


ENVIARÉMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE Á SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

viernes, 15 de mayo de 2020

RETO 24


CORPO EN FORMA: IOGA NA CASA

Despois de tantos paseos e de rememorar tantas cousas que case tiñamos esquecidas, estaremos algo alterados, e que mellor maneira de relaxarse que cun pouco de ioga, imos alá!


Queremos ver esas figuras espléndidas, a ver quen é capaz de facer un vídeo con todas as figuras, queda lanzado o reto!!


MENTE EN FORMA: SUPERHEROES 

E para rematar, deixámosvos un crucigrama sinxeliño sobre superheroes. Seguro que acertades todos en moi pouco tempo. Premede na imaxe para comenzar o xogo:


Esperamos as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a 

fapasagradafamilia@gmail.com

LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 ANTIVIRUS E CADA VÍDEO SUMA 10 ANTIVIRUS.


miércoles, 13 de mayo de 2020

RETO 23

CORPO EN FORMA: EQUILIBRIO 

Vexamos se somos capaces de controlar o noso corpo. Hoxe deixámosvos 3 probas:

Primeiro pintaremos ou marcaremos unha liña nun espazo libre.

1. Poñeremos un libro na cabeza e tentaremos percorrer a liña sen que caia ao chan.

2. Aproveitando a liña que temos marcada tentaremos percorrer a mesma distancia, pero esta vez levando unha vara, pau de escoba ou paraugas na palma da man, manténdoo de pé e en equilibrio sen que caia.

3.Por último, o máis difícil aínda será tentar facer esta distancia, sen necesidade de seguir a liña, pero levando o libro e o obxecto na man ao mesmo tempo.


MENTE EN FORMA : O CICLO DA AUGA

Ola rapaces, seguro que todos coñecedes o ciclo da agua e as diferentes fases polas que pasa. A continuación deixámosvos un vídeo explicativo para repasalo. 



Agora que xa repasamos o ciclo da auga propóñovos un experimento chulísimo que xa fixemos nalgunha ocasión e que adoita gustaros moito.

Aquí déixovos a explicación e algunha foto dos que fixemos este ano.







Esperamos as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a 

fapasagradafamilia@gmail.com

LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.




martes, 12 de mayo de 2020

XOGO EN CASA: ESTA SEMANA IOGA, BAILE E CONTOS

ESTA SEMANA COMEZAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE CON ACTIVIDADES COMO IOGA, BAILE MODERNO, ESTIRAMENTOS, CONTACONTOS, PSICOMOTRICIDADE... E MOITAS MÁIS.

ESTE É O CALENDARIO DE ACTIVIDADES PARA FACER DESDE CASA. 





RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOG.


ENVÍAREMOSCHE A ID E A CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE Á SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

lunes, 11 de mayo de 2020

RETO 22

CORPO EN FORMA: BUSCA O TESOURO

Para este xogo debemos converternos en auténticos piratas, cada membro da familia deberá escoller un obxecto para agochar e ensinalo aos demais para que todos saibades o que tedes que buscar. 

Despois, por quendas, agocharedes moi ben agochado o voso obxecto. Cando estean todos agochados comezará a busca, estades preparados?

Imos alá!!

MENTE EN FORMA: TANGRAM

O Tangram é un xogo chino moi antigo conformado por 7 figuras xeométricas cuxo obxectivo é formar novas figuras. 

Ademais de ser moi entretido para os nenos, xogar con el trae múltiples beneficios como:

1. Promover o desenvolvemento das capacidades psicomotrices e intelectuais.

2. Facilitar a aprendizaxe da xeometría plana.

3. Estimular a creatividade.

4. Fomentar a orientación e estrutura espacial.

5. Desenvolver o coñecemento lóxico-matemático.

6. Mellorar a atención.

7. Estimular a memoria visual.

8. Coordinación visomotora.

¡Aímate a xogar co teu pequen@!  Os beneficios son múltiples tamén para os adultos.

A continuación deixamos unha plantilla e un vídeo con algúns exemplos para facer figuras, aínda que as posibilidades son infinitas. 








CLASIFICACIÓN XERAL 7

INICIAMOS A SEMANA COA BARREIRA DOS 30.000 PUNTOS SUPERADA NESTE XOGO NO QUE TODOS OS COLEXIOS APORTAN O SEU GRAN DE AREA.
SEREMOS CAPACES DE CHEGAR AOS 50.000 PUNTOS AO FINAL DO XOGO? NON É DOADO, PERO ENTRE TODOS COIDO QUE O CONSEGUIREMOS.
MOITO ÁNIMO



domingo, 10 de mayo de 2020

RETO EXPRESS 2

Boas tardes, rapaces! 

Este xoves explicámosvos por primeira vez como resolver os retos express. É tan sinxelo como facer tantos comentarios como desexes respondendo ao que se plantexa. 

Neste caso consiste en axudar a este rapaz a atopar os elementos que se indican en medio deste rebumbio de cousas. 

Cada comentario supón un antivirus máis para a nosa loita. Moita sorte e feliz domingo!!! 


COMENTA NO CAXETÍN DE COMENTARIOS