INSTRUCIÓNS XAQUE AO VIRUS

Que é "Xaque ao Virus"?
É unha proposta en liña para o fomento da saúde tanto mental como física adaptada á situación do confinamento familiar no que a sociedade española está inmersa debido á pandemia provocada polo coronavirus. Dita proposta está orientada a todos os escolares rexistrados nos programas municipais “Deporte no Centro”, “Ocio Educativo” e “Luditarde”, para así seguir mantendo a oferta de educativa a todas aquelas familias inscritas en ditos programas.
Obxectivo do xogo
O Xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar ao coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral.
Que son os Retos?
Son probas sinxelas que debes superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:
- Proba CORPO EN FORMA: Serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que poderás facer en casa.

- Proba MENTE EN FORMA: Serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que poderás facelas facilmente.

Os retos publicaranse no blog do xogo creado para o teu colexio os luns, mércores e venres ás 12:00 h.  DISPÓS DE 36 HORAS PARA REALIZAR CADA RETO.

Como supero os retos?

É moi sinxelo bastará con que envíes unha foto do reto ou un vídeo á dirección do correo electrónico deste blog. 

LEMBRA QUE A FOTO VALE 1 PUNTO E O VIDEO 10 PUNTAZOS!!!

Podes animar a participar a algunha persoa da casa ou compañeiro/a do teu cole aínda que non sexa desta actividade. Neste caso terás puntuación extra para o teu cole.

1 PUNTO SE ENVÍAS FOTO E 10 PUNTOS SE ENVÍAS  VÍDEO

No hay comentarios:

Publicar un comentario