martes, 31 de marzo de 2020

"A PONTE" A importancia da colaboración

Bos días, familias!

Hoxe traemos un corto animado para aprender a importancia da colaboración.

Trátase dun oso e un reno que intentan pasar ao mesmo tempo por esta ponte. Serán capaces de logralo?

Este fabuloso corto amósanos algo que non debemos esquecer nunca, unha valiosa lección sobre a xenerosidade, paciencia, empatía, colaboración e solidariedade. 

Axudarnos mutuamente é esencial para conseguir unha convivencia en paz, non credes? 



lunes, 30 de marzo de 2020

RETO 4

Bos días a todos/as!

Entramos na segunda semana de retos desexando que participedes moito máis do que xa o fixestes a semana anterior. Personalmente síntome moi agradecida polas vosas respostas, bótase moito de menos aos nenos/as e a ilusión de velos aínda que sexa en vídeos ou fotos é impagable :) Grazas de corazón. 


PROBA CORPO EN FORMA: "Encesta o peluche"


A proba de "corpo en forma" sigo propoñéndoa coma un xogo para os máis pequenos que sempre podemos adaptar segundo a idade e cambiando elementos do mesmo ó noso gusto.

Neste caso resultoume interesante para os nenos este pequeno exercicio que, xogando en familia, pode ser moi divertido. Seguro que o podedes superar! A ver que variantes se vos ocorren... 
Déixovos unha pequena mostra  no seguinte vídeo, animádevos  a participar! 




PROBA MENTE EN FORMA: "O tarro das cousas boas" 

Coñecedes a caixa da felicidade? Ou o frasco dos desexos? Seguro que algunha vez fixestes unha actividade deste estilo, identificando esas cousas que máis vos gustan e mellor vos fan sentir.

Pois a proposta deste luns consiste en identificar esas cousas boas que temos e que normalmente non apreciamos. Agora máis que nunca debemos prestar atención a todo o que temos en lugar de aquilo que nos falta.




A actividade consiste en coller un tarro ou caixa que teñades na casa e decorala para ir metendo as cousas boas, xa sexa en palabras, debuxos, escritos, etc.

Pode ser unha boa forma de desenvolver o pensamento positivo en familia, non credes? 

Estades preparados? Espero as vosas respostas :)

CLASIFICACIÓN XERAL

Completamos a primeira semana do proxecto "Xaque ao Virus". Unha primeira semana con 3 retos propostos aos escolares de 30 centros educativos da cidade e que fomentaron a participación das familias na súa consecución.
Despois desta primeira semana recibimos máis de 700 respostas en forma de fotos e vídeos. Esto supón pasar da barreira dos 4000 puntos en só 7 días. Puntos que se traducen noutros tantos Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus".
A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante.



RESPOSTA RETO 3

Aquí temos o reto superadísimo de Celia Chisca Armesto, alumna de 3º B. Moitísimas grazas polos vídeos, Celia e familia, son moi orixinais e animados. Bo traballo!

Neste reto sumamos puntos grazas a eles así que animamos a todas as familias a participar ;)




E por fin animouse outra familia máis, aquí temos a Nuria e Nuno co seu pai, moi ben chicos! Encantoume o vídeo!
 E mirade que flores máis chulas! 








domingo, 29 de marzo de 2020

TEST DE MEMORIA VISUAL PARA NENOS E ADULTOS

Bos días, nenos e nenas! 

Aquí vos deixo un vídeo para exercitar a nosa memoria de forma didáctica e divertida. Ademais, podedes xogar en familia xa que existen diferentes niveis de dificultade.



lembrade, aínda estades a tempo de enviar o RETO 3 superado ao noso enderezo de correo: fapasagradafamilia@gmail.com. Mañá publicaremos as respostas.

Unha aperta a todos/as e feliz domingo!

viernes, 27 de marzo de 2020

RETO 3

PROBA CORPO EN FORMA: "Suxeita o balón" 


Neste reto propóñovos unha actividade para combatir o sedentarismo que supón estar na casa sen poder realizar todas aquelas actividades que tanto nos gustan e adoitamos facer a diario. Polo tanto, para poder acadar un correcto desenvolvemento do noso corpo e dos nosos movementos, debemos practicar xogos tradicionais que impliquen movemento. 

O exercicio é o seguinte: facer un percorrido de ida e volta cun balón entre as pernas (tamén valería un globo, pelota de praia ou similar). Non podemos deixar caer o balón xa que implicaría reiniciar o percorrido marcado. Tamén podemos facelo dando brincos para que resulte máis divertido.

Lembrade que cantas máis persoas participen, máis  puntos conseguiremos para a clasificación do noso cole.

Estades preparados? Adiaaaantee!


 





PROBA MENTE EN FORMA: "Chegou a primavera"


Como ben sabedes, hai pouco tempo entramos nunha nova estación, a primavera. Neste reto plantexamos utilizar a nosa creatividade e imaxinación para facer algún tipo de manualidade relacionada coa mesma. Por exemplo, facendo flores recicladas. Podes facelo cos materiais que teñas na casa: papel, cartón, periódicos ou revistas vellas, rolos de papel hixiénico, macarróns… E decoralas como máis che guste. Aquí tes algúns exemplos:









1 FOTO=1 PUNTO 1VÍDEO=10 PUNTOS

fapasagradafamilia@gmail.com

Envía unha foto de cada proba ao noso enderezo de contacto e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o  premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

SE QUERES QUE PUBLIQUEMOS O TEU RETO NO BLOG PULSA AQUI: 










RESPOSTA RETO 2

A continuación presentamos algunhas das aportacións que nos fixeron chegar as familias. Agradecemos enormemente a vosa colaboración e orixinalidade. 
Non esquezades que cantos máis participedes, máis puntos conseguiremos para o noso cole.


Moi bo traballo, chicos/as!

















E lembrade, se queredes que os vosos retos sexan publicados, debedes confirmalo a través do enderezo fapasagradafamilia@gmail.com ou ben a través da seguinte ligazón:



miércoles, 25 de marzo de 2020

RETO 2

PROBA CORPO EN FORMA: "Palabras corporais"

O seguinte reto supón utilizar as partes do noso corpo como ferramenta de xogo.

Neste caso deberemos formar a palabra do noso nome a través de movementos ou mímica corporal imitando a forma das letras (adoptando posicións das mans, pés, cabeza, etc).

A continuación, déixovos unha foto de exemplo:




PROBA MENTE EN FORMA: "Somos artistas"


Esta proba consiste en elixir a túa canción ou baile favoritos e demostrar as túas dotes artísticas, ben sexa cantando, improvisando un baile, rapeando, etc.

Estás preparado? Entre todos podemos facelo, MOITO ÁNIMO!


1 FOTO=1 PUNTO    1 VÍDEO=10 PUNTOS

fapasagradafamilia@gmail.com

Envía unha foto de cada proba ao noso enderezo de contacto e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o  premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

SE QUERES QUE PUBLIQUEMOS O TEU RETO NO BLOG PULSA AQUI: 




RESPOSTA RETO 1

 Aquí temos as aportacións de Victoria e Priscila, mirade que traballo tan bonito fixeron! Moi ben, chicas!

#QuedateEnCasa








lunes, 23 de marzo de 2020

RETO 1

PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"

Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a gañar moitas batallas e, como non, esta non será menos.

Pois comecemos por facer noso este lema e, sabendo que todos debemos ser responsables nesta loita, fagámolo visible con algo obrigatorio para todos nestes días e que nos une e fai máis fortes. #QuedateEnCasa.

O reto consiste en facer visible o lema #QuedateEnCasa en debuxos, carteis, pintura na cara ou do xeito que se vos ocorra.

Atréveste? Sinxelo, non? Pois adiante…


PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores" 

Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. Propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:
Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse de puntillas. Repetir 10 veces.

Exercicio 2: De pé e coas mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.

Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos. Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.

Exercicio 5:
De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.

1 FOTO=1 PUNTO    1 VÍDEO=10 PUNTOS

Envía unha foto de cada proba ao noso enderezo de contacto e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o  premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

sábado, 21 de marzo de 2020

XAQUE AO VIRUS

Xogo virtual
XAQUE AO VIRUS





Este xogo online preséntase como unha alternativa á realización dos Programas de Lecer, ante a realidade que estamos a vivir coa propagación do virus Covid-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado decretou a permanencia en domicilios durante un mes.


Trátase dun sistema telemático no que se expón a participación online do nenos e nenas instritos no Programa de Lecer (Deporte no Centro, Ocio Educativo, Luditarde y e Listen and Speak) nun xogo virtual que leva por título:  Xaque ao Virus.
O obxectivo é facilitar ferramentas de lecer alternativas, colaborando na tarefa de educar e ocupar máis que nunca ese espazo temporal forzoso para os nenos e nenas, achegando o noso gran de area.

O xogo consiste nun taboleiro virtual que contén 19 retos a superar relacionados con diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares, dende a ciencia, as matemáticas, a investigación, a música, o movemento ou valores como a solidariedade, a responsabilidade e o ben común tan necesarios e importantes nestes tempos que estamos a vivir.

A presentación dun novo reto farase cada día no seguinte blog: 

 fapasagradafamilia.blogspot.com



Se ese reto supérase entre todos os nenos e nenas deste cole, concédense unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ao coronavirus e vaise avanzando.
A clasificación do xogo coas puntuacións por centro, poñerase unha vez presentados os retos.


ATRÉVESTE! 




UNIDOS VENCEREMOS