PROBA CORPO EN FORMA: "Suxeita o balón"
Neste reto propóñovos unha actividade para combatir o sedentarismo que supón estar na casa sen poder realizar todas aquelas actividades que tanto nos gustan e adoitamos facer a diario. Polo tanto, para poder acadar un correcto desenvolvemento do noso corpo e dos nosos movementos, debemos practicar xogos tradicionais que impliquen movemento.
O exercicio é o seguinte: facer un percorrido de ida e volta cun balón entre as pernas (tamén valería un globo, pelota de praia ou similar). Non podemos deixar caer o balón xa que implicaría reiniciar o percorrido marcado. Tamén podemos facelo dando brincos para que resulte máis divertido.
Lembrade que cantas máis persoas participen, máis puntos conseguiremos para a clasificación do noso cole.
Estades preparados? Adiaaaantee!

PROBA MENTE EN FORMA: "Chegou a primavera"
Como ben sabedes, hai pouco tempo entramos nunha nova estación, a primavera.
Neste reto plantexamos utilizar a nosa creatividade e imaxinación para facer algún tipo de manualidade relacionada coa mesma. Por exemplo, facendo flores recicladas.
Podes facelo cos materiais que teñas na casa: papel, cartón, periódicos ou revistas vellas, rolos de papel hixiénico, macarróns… E decoralas como máis che guste.
Aquí tes algúns exemplos:
fapasagradafamilia@gmail.com
1 FOTO=1 PUNTO 1VÍDEO=10 PUNTOS
fapasagradafamilia@gmail.com
Envía unha foto de cada proba ao noso enderezo de contacto e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".
SE QUERES QUE PUBLIQUEMOS O TEU RETO NO BLOG PULSA AQUI: