PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"
Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a gañar moitas batallas e, como non, esta non será menos.
Pois comecemos por facer noso este lema e, sabendo que todos debemos ser responsables nesta loita, fagámolo visible con algo obrigatorio para todos nestes días e que nos une e fai máis fortes. #QuedateEnCasa.
O reto consiste en facer visible o lema #QuedateEnCasa en debuxos, carteis, pintura na cara ou do xeito que se vos ocorra.
Atréveste? Sinxelo, non? Pois adiante…
PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"
Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. Propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:
Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse de puntillas. Repetir 10 veces.
Exercicio 2: De pé e coas mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos. Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.
Exercicio 2: De pé e coas mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos. Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.
Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
1 FOTO=1 PUNTO 1 VÍDEO=10 PUNTOS
Envía unha foto de cada proba ao noso enderezo de contacto e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".