lunes, 30 de marzo de 2020

RETO 4

Bos días a todos/as!

Entramos na segunda semana de retos desexando que participedes moito máis do que xa o fixestes a semana anterior. Personalmente síntome moi agradecida polas vosas respostas, bótase moito de menos aos nenos/as e a ilusión de velos aínda que sexa en vídeos ou fotos é impagable :) Grazas de corazón. 


PROBA CORPO EN FORMA: "Encesta o peluche"


A proba de "corpo en forma" sigo propoñéndoa coma un xogo para os máis pequenos que sempre podemos adaptar segundo a idade e cambiando elementos do mesmo ó noso gusto.

Neste caso resultoume interesante para os nenos este pequeno exercicio que, xogando en familia, pode ser moi divertido. Seguro que o podedes superar! A ver que variantes se vos ocorren... 
Déixovos unha pequena mostra  no seguinte vídeo, animádevos  a participar! 




PROBA MENTE EN FORMA: "O tarro das cousas boas" 

Coñecedes a caixa da felicidade? Ou o frasco dos desexos? Seguro que algunha vez fixestes unha actividade deste estilo, identificando esas cousas que máis vos gustan e mellor vos fan sentir.

Pois a proposta deste luns consiste en identificar esas cousas boas que temos e que normalmente non apreciamos. Agora máis que nunca debemos prestar atención a todo o que temos en lugar de aquilo que nos falta.




A actividade consiste en coller un tarro ou caixa que teñades na casa e decorala para ir metendo as cousas boas, xa sexa en palabras, debuxos, escritos, etc.

Pode ser unha boa forma de desenvolver o pensamento positivo en familia, non credes? 

Estades preparados? Espero as vosas respostas :)