jueves, 30 de abril de 2020

CHEA DE VIDA

Q tal, familias? Hoxe achegámosvos unha canción moi bonita interpretada en Iingua de signos. Sei que a moitos de vós gústavos moito e que a sabedes de principio a fin. A ilusión que nos faría que puidésedes gravarnos un anaquiño sería inmensa. Unha aperta xigante e moito ánimo, rapaces !


miércoles, 29 de abril de 2020

RETO 17

TRIVIAL

Que tal, rapaces? Hoxe plantexaremos as probas para  conseguir o queixiño VERDE



 PROBA CORPO EN FORMA

PROBA 1: Coloca 6 botellas, tamén valen rolos de papel hixiénico, a unha distancia de 50 cm unha da outra. Boca abaixo e sen despegar o corpo do chan deberás facer zig-zag entre as botellas. Tes 1 minuto para ir e volver. Ánimo!

PROBA 2: Tes que atopar o obxecto agochado. Escolle un axudante que te guiará pola casa dicíndoche frío se estás lonxe, temperado se estás preto e quente se estás moi moi preto. 

SIGAMOS!!

PROBA MENTE EN FORMA

Bueno chic@s, para esta proba imos deixarvos liberdade en canto ás respostas dado que a idea é que, xa que podemos saír deste confinamento un ratiño todos os días, gustaríanos que nos ofrecésedes os vosos mellores momentos fóra da casa. 
Deixámosvos algunhas ideas para facer fotos, vídeos ou o que vos pareza máis divertido. 

- O primeiro e máis importante, podes ensinarnos o guap@ e protexid@ que vas coa túa máscara que, como ben sabes, é obrigatoria. 

- Facendo o teu deporte favorito. 

- Xogando con algo que só podas utilizar na rúa, por exemplo, un patinete, unha bici, etc. 

- Ensinarnos un dos teus lugares favoritos, incluso podes retarnos a adiviñar de que sitio se trata. 



Ocórreseche algún momento máis para inmortalizar e poder compartilo con todos nós? A que esperas? Estamos desexando vervos de novo disfrutando dos vosos momentos de ocio. 

Unha aperta e moito ánimo, rapaces, cada día queda menos ; ) 



MARCAPÁXINAS DíA DO LIBRO

Lembrádesvos da manualidade dos marcapáxinas que propuxemos o Día do Libro? Pois aquí tedes o que elaborou con moita paciencia Antón. Queredes descubrir o personaxe que escolleu? Pois botádelle un ollo ao vídeo ;) 


RESPOSTA RETO 16

Aquí temos a Antón descifrando a mensaxe secreta. Xenial, Antón! Ben certo é que o que non o intenta, non gaña :) 


E por outra banda, as probas de corpo en forma. Moitas grazas!! 



martes, 28 de abril de 2020

SCAPE ROOM CORONAVIRUS

Que tal, rapaces? Como foron eses paseos e momentos de ocio respirando por fin aire puro? Supoño que moi ben e con ganas de saír a disfrutar de novo, non? 

Hoxe achegámosvos un scape room para xogar en familia nos momentos que teñamos que estar na casa. 
O xogo consiste en atopar os materiais necesarios para conseguir a vacina contra o Coronavirus. 

Animámosvos a participar, pasaredes un boísimo momento en familia. A ver quen descobre máis pistas!

Non esquezades enviar vídeos e fotos dos momentos máis divertidos, será unha forma de disfrutalo tod@s  :)

PREMEDE NA IMAXE E COMEZARÁ O XOGO

ÁNIMO E A POR TODAS!! 


lunes, 27 de abril de 2020

RETO 16

TRIVIAL

Bos días, chicos! Hoxe imos pola segunda parte do xogo do noso trivial particular. Neste caso temos o queixiño Laranxa. 



PROBA CORPO EN FORMA:


PROBA 1: Para esta proba debes buscar un axudante que se poñerá ao teu carón. Debes aguantar á pata coxa cos ollos pechados durante 10 segundos, non vale tocar co outro pé no chan, o axudante só te poderá tocar se ve que vas caer. Tedes 4 intentos. 

PROBA 2: Colle unha pelota e senta no chan coas pernas estiradas e separadas. Debes botar a pelota pola tua esquerda, no medio das pernas e pola dereita, coa man dereita e coa esquerda. 

PROBA MENTE EN FORMA: "RESOLVE O ENIGMA"

PROBA 3: A seguinte proba consiste e resolver un enigma descubriendo a frase escondida. Só debes estar moi atento, substuír as letras polo seu símbolo correspondente e despois recitala. 

Tamén podes comentarnos que pensas sobre ela, se estás de acordo co que expresa ou non. 

Debaixo deixámosche as equivalencias de letras e símbolos, veredes o doado que é! 



ÁNIMO E A POLO LARANXA!!


Esperamos as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a 

fapasagradafamilia@gmail.com

LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.

CLASIFICACIÓN XERAL 5

Estreamos semana de paseos. Pero hai tempo para facer os retos e seguir sumando puntos para o voso colexio. Moito ánimo. Esta é a clasificación da semana:



domingo, 26 de abril de 2020

VIAXES VIRTUAIS

Gústavos viaxar? Sabemos que estes días están sendo diferentes metidos na casa, por iso queremos achegarvos a posibilidade de que, sen saír da casa, poidades dar un paseo por diferentes lugares, dende o Arco Do Triunfo de París ata o  Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido. Que vos parece, imos?


    PREME NA IMAXE E COMEZA A VIAXE



FELIZ DOMINGO A TOD@S

sábado, 25 de abril de 2020

CIRQUE DU SOLEIL

Como esta semana estivemos falando do circo, hoxe deixámosvos un enlace a un circo moi especial como é o Circo do Sol, aquí atoparedes entre máis cousas fascinantes un especial de 60 minutos. Esperamos que o disfrutedes. Unha aperta


PREME NA IMAXE :) 




viernes, 24 de abril de 2020

RETO 15

TRIVIAL

Hoxe propoñémosvos un reto de larga duración, que significa iso? Significa que cada día de reto, subirémosvos 3 probas, completar as 3 probas suporá conseguir un queixiño, ata un total de 4 queixiños, atrevédesvos?

Aquí vos deixamos as probas para conseguir o queixiño ROSA!  




PROBA CORPO EN FORMA:

Proba 1: Colle o cesto do lixo da casa, túmbao no chan e ponte fronte a el a unha distancia de 3 metros. Cunha pelota e nun tempo dun minuto, co pé debes encestar a pelota o maior número de veces posible, reta a todos os da casa!! 

Material necesario: cesto do lixo e pelota. 

Proba 2: Busca un axudante e colocádevos a 2 metros, para superar a proba debedes nun minuto de tempo, pasarvos unha pelota un mínimo de 5 veces sin que caia ao chan, pero non poderemos recepcionar a pelota coas dúas mans, sempre cunha soa. 

Material necesario: pelota pequena ou de papel.

IMOS ALÁ!!

MENTE EN FORMA: DADOS CRUZADOS

Proba 3: Este reto consiste nun sinxelo xogo no cal con dous dados e un taboleiro podemos traballar diferentes actividades. 

Podes facelo con actividades de todo tipo, inventar coa túa familia o teu propio taboleiro coas tarefas que vos apetezan e utilizalo para moitas áreas diferentes. Neste caso utilizaremos a lóxica - matemática. 

O xogo consiste nun taboleiro con dúas filas de dados, unha á esquerda e outra superior. Tiraremos ambos dados e uniremos un dado da columna esquerda con outro da columna superior para averiguar a tarefa que debemos realizar. Aquí tedes a explicación :



AZUL: se nos tocan un 4 e un 2, uniremos ambas columnas e o resultado será "ordenar os cumples dos meus amigos". 

VERDE: se nos tocan un 3 e un 5, calcular os gastos de casa. E así sucesivamente. 

Tamén podemos invertir as columnas e comenzar pola superior continuando pola esquerda, podes facelo ao teu gusto.  A continuación deixámosvos o exemplo. 




Se non dispoñedes de dados na casa, aquí tedes unha plantilla para facelos:


Esperamos as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a 

fapasagradafamilia@gmail.com

LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.

jueves, 23 de abril de 2020

23 DE ABRIL, DIA DO LIBRO

Boas, rapaces! 

Hoxe é día 23 DE ABRIL e como todos os anos, celébrase O DIA DO LIBRO por todo o mundo para rendir unha homenaxe aos libros e aos seus autores. 



Esta celebración ten como obxectivo fomentar o pracer pola lectura e respectar a contribución dos escritores ao progreso social e cultural. Por iso, pensamos nun par de ideas sinxeliñas para traballar este día. 

Por unha banda, presentámosvos unha idea para facer MARCAPÁXINAS a partir dun vídeo. A continuación, deixámosvos unhas fotos duns exemplos feitos  polos nenos este ano. Gustáronlles moito! 





A segunda actividade consiste en elaborar un MINILIBRO. O blog da biblioteca escolar e literatura infantil Biblioabrazo propón esta actividade para os máis pequenos consistente na fabricación dun libriño con tan só unha folla de papel e un pouquiño de imaxinación. Aquí vos deixamos a ligazón onde tamén veredes exemplos:


Se ademais eres un amante da lectura e queres ensinarnos o teu recuncho favorito para ler na casa, presentarnos o libro que máis che gusta ou calquera actividade relacionada co Día do Libro, podes facelo enviando as túas fotos e vídeos. A ver cantos lectores temos na casa! Animádevos! :) 

fapasagradafamilia@gmail.com 


miércoles, 22 de abril de 2020

RETO 14


Bos días, familias!

Hoxe, 22 de abril celébrase O día Mundial da Terra. Como sabemos, todos podemos colaborar para reducir o noso impacto ambiental no planeta con accións sinxelas como: usar menos recursos, especialmente auga e enerxía, xerar menos residuos, reusar e reciclar no posible.



Por iso, pensamos en plantexar o reto de xeito que podamos aportar o noso pequeno gran de area na conmemoración deste día. 


MENTE EN FORMA: AMBIENTADOR ECOLÓXICO

Prepararemos un ambientador, pero non deses que utilizamos a diario e que conteñen tantas substancias tóxicas, senón un ambientador caseiro e o máis importante, ecolóxico.

Poderás personalizar o aroma que prefiras escollendo os ingredientes que máis che gusten para a súa elaboración: canela, lavanda, limón, laranxa, cravo, tomillo ou outras fragancias naturais.

Nós eliximos laranxa, canela e cravo. 

IMPORTANTE : Debedes pedir axuda a un adulto para preparar o voso ambientador.

Necesitas: 1 laranxa, dúas ramiñas de canela, 10 cravos de olor e 1 l de auga.

Para preparalo: Coloca a agua nun cazo a lume medio-alto. 
Agrega a laranxa cortada en rodaxas, a canela e os clavos de olor. Unha vez comece a ferver, cociña a lume medio durante 15 minutos aproximadamente. Despois, retira do lume e deixa que se enfríe. Unha vez frío, cola o contido do cazo e chea un recipiente pulverizador co líquido concentrado. 

E xa temos o noso ambientador ecolóxico! Verás que aroma máis agradable deixa na casa só con facelo ;) 



CORPO EN FORMA: PERCORRIDOS DIVERTIDOS

Xa estamos de volta cun novo reto para vós!! Sabiades que o pasado sábado foi o día mundial do circo?

No último reto fixemos a nosa pequena homenaxe aos paiasos, pero nos circos non só hai paiasos; a xente dos circos, ten que ter moita axilidade e velocidade de reacción ademais de moita imaxinación porque xa sabemos que no circo pode pasar calquera cousa en calquera momento, non si?

 Hoxe retamos a vosa axilidade, velocidade de reacción e a vosa imaxinación, imos alá! Comezaremos facéndonos cuns folios para reciclar e un lapis.


O noso reto consistirá en debuxar en cada folio un pé dereito ou esquerdo ou unha man dereita ou esquerda, só un en cada folio, e só por unha banda; cantos máis, mellor.
Un conselliño, agora que non nos ve ninguén, se vos descalzades e debuxades o voso pé é mais divertido!!

Unha vez teñamos os nosos pés e as nosas mans, xa podemos proceder:


No chan deberemos colocar de tres en tres e cara adiante, por exemplo, dous pés e unha man, facendo un percorrido que despois deberemos imitar o máis rápido posible poñéndonos enriba del. Deixámosvos o noso exemplo:

martes, 21 de abril de 2020

"Easy life" O valor do esforzo

VIDA DOADA

Este corto invita a reflexionar aos peques sobre a importancia do esforzo na vida. A historia trata sobre unha nena á que a súa boneca faille os deberes para que poida dedicarse ao que máis lle gusta facer: xogar coa súa consola. Pero as consecuencias da súa falta de empeño e esforzo non tardarán en aparecer. Unha oportunidade única para ensinarlles aos nenos a esforzarse cada día para aprender, madurar e superarse.


lunes, 20 de abril de 2020

COCIÑA EN FAMILIA

Que contentos estamos! Aínda chegaron máis momentos de "Cociña en familia".
Victoria e a súa familia prepararon polo con champiñóns e de sobremesa cookies de chocolate, ás que tamén se uniu Priscila. Moitísimas grazas a toda a familia pola implicación. Resumimos todo neste pequeno vídeo agardando que vos guste :)


RETO 13

Ola rapaces, que tal? A ver, a quen lle gusta o circo? E os paiasos?
Hoxe traémosvos un reto suuuuper divertido, imos aprender a facer malabares!

Para a nosa MENTE EN FORMA, imos facer as bólas, para iso necesitaremos: Arroz ou lentellas, globos, un vaso, un embude, unha botella e tesoiras.


Imos alá:

1. Primeiro enchemos o vaso co arroz ou as lentellas; tomando sempre a mesma medida, e vertémolos na botella coa axuda do embude.




2. Inflamos un pouco un globo e poñémolo no colo da botella. Non hai que inflalo demasiado xa que pode deformarse. Dámoslle a volta pasando o recheo ao globo.


3. Sacamos a botella e cortamos o pitorro do globo, de forma que nos quede un buraco.


4. Finalmente, previo corte de pitorro, montamos outro globo enriba, cubrindo o buraco do anterior. Podemos poñer os globos que queiramos para darlle máis resistencia.



Agora que xa temos as nosas bólas, imos co CORPO EN FORMA, deixámosvos este vídeo onde explica como facelo con dúas pelotas.




E para os máis avanzados, con tres.



Esperamos as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a 

fapasagradafamilia@gmail.com


LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.

CLASIFICACIÓN XERAL 4

Tras catro semanas de participación xa estamos preto dos 20.000 puntos. 

Agradecemos  enormemente a participación dos rapaces e rapazas e a colaboración das familias durante este último mes. MOITAS GRAZAS A TOD@S!



domingo, 19 de abril de 2020

COCIÑA EN FAMILIA


Hoxe chegáronnos máis respostas de "Cociña en familia". David envíanos estas dúas receitas de cookies de chocolate e tarta de queixo cos pasos para a súa elaboración e as fotos do resultado final. Que pinta ten todo, verdade? Moitas grazas, David :) 



RESPOSTA RETO 11

Aquí temos a Silvia creando música coas súas maracas recicladas. Moitas grazas, Silvia! Soan moi ben! :) 


UN MES DE "XAQUE AO VIRUS"

Hoxe cúmprense catro semanas do programa on-line "Xaque ao Virus". É una boa ocasión para lembrar a esas persoas que están na primeira liña de batalla na loita contra o Coronavirus: os sanitarios.
E que mellor maneira de facelo que con este cómic de
JULIO ZANFAÑO, profesor e debuxante.







sábado, 18 de abril de 2020

COCIÑA EN FAMILIA

Boas, familias! 

Coñecedes a Telmo e Tula? Hoxe nos traen unha receita moi rápida e doada para facer batido de plátano, veredes que rico está! 

Se vos apetece presentarnos os vosos batidos favoritos só tedes que enviarnos fotos ou vídeos e os publicaremos no blog, ademais gañaremos máis antivirus para seguir con esta loita. 

Lembra que todos os luns, mércores e venres plantexamos moitos retos que tamén suman moitos puntos para a clasificación. Anímaste a participar? 

fapasagradafamilia@gmail.com 

FELIZ SÁBADO! 


TELMO E TULA: BATIDO DE PLÁTANO



viernes, 17 de abril de 2020

RETO 12

PROBA CORPO EN FORMA: "CARREIRA DE PINGÜÍNS

O reto de hoxe chámase carreira de pingüíns! 

Para este reto precisaremos: unha tina, un cesto, un baúl ou calquer recipiente que poidamos poñer no chan con espazo para gardar un montón de xoguetes, peluches, pelotas ou obxectos pequenos que teñades pola casa. 

O reto consiste en colocar os obxectos nun punto e a cesta a unha distancia aproximada de 4 metros. Saímos dende os obxectos, colocando de un en un no medio das pernas, e así levalo e deixalo dentro da cesta. A ver quen é capaz de levar máis cousas nun minuto de tempo e así conseguir máis antivirus!




PROBA MENTE EN FORMA: "LENTELLAS MÁXICAS"

Hoxe traemos un experimento moi sinxelo: "lentellas máxicas" (tamén podes facelo con outros tipos de legumes que teñas na casa).

O experimento consiste en facer xerminar lentellas en algodón para que se convertan nunha bonita planta.

Os materiais que imos precisar son os seguintes:

-Vaso ou recipiente de iogur, por exemplo.
-Algodón
-Auga
-Legumes, neste caso lentellas.

O primeiro paso é introducir o algodón no fondo do vaso.

A continuación, botamos un pouquiño de auga e empapamos todo ben.

Por último queda ir colocando as lentellas. Debemos apretalas un pouco contra o algodón e xa teríamos preparado o noso experimento. Agora só temos que esperar uns días para ver como xerminan as nosas lentellas.





Pero, que ocorreu aquí? Como é posible que as lentellas medren así, nesas condicións?
O proceso chámase xerminación, é aquel polo cal unha semente medra cando se atopa en condicións favorables, que non son máis que a presenza de osíxeno, a temperatura e a auga.

Gustouche o experimento? Agardamos as túas fotos e vídeos plantando as legumes. Pasados uns días, veremos o resultado e poderás ensinarnos a túa planta. Estás preparado?


fapasagradafamilia@gmail.com


LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.







jueves, 16 de abril de 2020

CONTOS CONTADOS

Boas, rapaces!
Hoxe recomendámosvos a campaña audiovisual que nos ofrece a editorial de literatura infantil e xuvenil Kalandraka. 

Para acompañar ás familias, Kalandraka TV creou CONTOS CONTADOS, amosándonos un vídeo diario contando un conto de entre todas as obras do seu catálogo. Non volo perdades! 


PREME NA IMAXE :) 



miércoles, 15 de abril de 2020

RETO 11

CORPO EN FORMA: "SOPRA O VIRUS"

Como sabedes, reciclar é unha actividade moi importante, despois de estar tantos días na casa, estamos seguros de que tedes moitas cousas para reciclar, pois a actividade de hoxe vai ir un pouco por aí.

Comezaremos facéndonos cun par de cousas, precisaremos: un canutillo de papel de cociña (tamén vale de papel hixiénico), un papel de periódico ou folio para reciclar e unha pelota de pin-pon (se non tedes tamén podedes facer unha boliña de papel). Todo isto por persoa.

Unha vez temos todo comezaremos por facer un cucurucho co papel, unha vez o teñamos,  pegarémolo por fóra dunha beira da mesa. Nós, poñerémonos co noso canutillo e a nosa pelota pola outra beira da mesa. 

O xogo consiste en ir soprando polo noso canutillo a pelota ata encestala no noso cucurucho.

Estades preparados? 3,2,1...IMOS!!






MENTE EN FORMA:"CREANDO MÚSICA"

E se estimulamos o noso talento artístico facendo divertidos instrumentos musicais caseiros? Podemos utilizar un montón de materiais que temos por casa para construílos. Por exemplo: botellas ou cubertos de plástico, cartóns, chapas de bebidas, latas, sementes, globos, cartóns de papel hixiénico ou de cociña, etc.  

A continuación, amosámosche algunhas ideas para elaborar maracas e tambores pero hai moitísimas ideas máis. Se vos gusta a música, pode ser unha fantástica forma de divertirse en familia. Atréveste? 

A ver que orixinais vos quedan!




Esperamos as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a 

fapasagradafamilia@gmail.com


LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.