O noso reto de hoxe será un dous por un, moi atentos!!!
Para o reto de MENTE EN FORMA hoxe faremos avións de papel que tamén usaremos para a proba de corpo en forma, estades preparados? Aquí vos deixamos unhas instrucións moi sinxelas:
Unha vez feitos os nosos avións imos co reto de CORPO EN FORMA, para isto precisaremos catro papeis de periódico ou folios (mellor se son para reciclar), unirémolos entre si, despois farémoslle uns buracos de diferentes tamaños e pegarémolo ao marco dunha porta tal como volo deixamos na foto.
Por certo, como andades de puntería? A ver quen é capaz de colar os seus avións polos buracos. Se queredes facelo máis interesante, podedes darlle puntuación a cada buraco.
Veña, a que estades esperando?? Imos alá!!
Esperamos as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a
fapasagradafamilia@gmail.com.
LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario