sábado, 11 de abril de 2020

HEROES

A familia de Victoria e Priscila envíanos esta foto e piden recoñecemento e aplauso para Heroes coma el:


O noso heroe é o noso amigo Sean Smith, que dende que comezou a corentena está de voluntario en Protección Civil a tempo completo. Ocúpase de levar comida ás casas, facendo compras para os que non poden... Moitas grazas a el e a todos os que están ao pé do cañón traballando para todos nós (persoal sanitario, bombeiros, protección civil, cruz vermella, policía, guarda civil, militares, panadeiros, fruteiros, carniceiros, persoal dos centros de alimentación e Concello da Coruña)

Un abrazo e ánimo para todos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario