jueves, 2 de abril de 2020

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

#DiaMundialAutismo2020

Bos días a todos/as!


Hoxe falaremos sobre a conmemoración deste día, sabedes que se celebra cada 2 de abril? Pois o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou por unanimidade o 2 de Abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo para destacar a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e promover unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.

Por iso, cada ano, o movemento asociativo do autismo en España promove unha campaña de concienciación, en coordinación con Autismo Europa, para visibilizar a realidade do colectivo, as súas capacidades, prioridades e necesidades.

A campaña deste ano é a seguinte:



Baixo o lema "Podo APRENDER. Podo TRABALLAR" este ano preténdese centrar a atención  en dous eixos fundamentais:
  • O acceso á educación e a un empleo de calidade que se adapte ás capacidades, prioridades e necesidades específicas de cada persoa con TEA.
  • Crear e manter os servicios de apoio necesarios e promover a accesibilidade do colectivo en todos os sectores.
Se queres apoiar a campaña e mostrar así o teu compromiso e solidariedade coas persoas con TEA e as súas familias, tan só tes que compartir nas túas redes sociais unha foto, un vídeo ou un gif facendo o xesto da campaña xunto ao hashtag #DiaMundialAutismo


PODERÁS FACELO? ;)