TRIVIAL
Bos días, chicos! Hoxe imos pola segunda parte do xogo do noso trivial particular. Neste caso temos o queixiño Laranxa.
PROBA 1: Para esta proba debes buscar un axudante que se poñerá ao teu carón. Debes aguantar á pata coxa cos ollos pechados durante 10 segundos, non vale tocar co outro pé no chan, o axudante só te poderá tocar se ve que vas caer. Tedes 4 intentos.
PROBA 2: Colle unha pelota e senta no chan coas pernas estiradas e separadas. Debes botar a pelota pola tua esquerda, no medio das pernas e pola dereita, coa man dereita e coa esquerda.
PROBA MENTE EN FORMA: "RESOLVE O ENIGMA"
PROBA 3: A seguinte proba consiste e resolver un enigma descubriendo a frase escondida. Só debes estar moi atento, substuír as letras polo seu símbolo correspondente e despois recitala.
Tamén podes comentarnos que pensas sobre ela, se estás de acordo co que expresa ou non.
Debaixo deixámosche as equivalencias de letras e símbolos, veredes o doado que é!
ÁNIMO E A POLO LARANXA!!
Esperamos as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a
fapasagradafamilia@gmail.com
LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario