viernes, 10 de abril de 2020

RETO 9

CORPO EN FORMA: "Pesca o antivirus"

Para este reto necesitaremos un montonciño de bólas de algodón, un pouquiño de crema e unha taza ou cunca para cada participante.

Cada un teremos o noso montonciño de bólas, poñeremos unha pouca crema na punta do nariz e as mans na espalda. Nun minuto de tempo teremos que meter co nariz o maior número de boliñas posible na cunca. Non vale tocar coas mans!!!



MENTE EN FORMA: "Enredo de palabras" 

Outra actividade que potencia a atención e a memoria, ademais da nosa rapidez e precisión na fala, é un recurso tan valioso como o trabalinguas. Rétovos a elixir o trabalinguas que máis vos guste e recitalo o mellor que poidades. Amósovos algúns exemplos. 




Esperamos as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a 

fapasagradafamilia@gmail.com.

LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.


No hay comentarios:

Publicar un comentario