miércoles, 8 de abril de 2020

RETO 8

PROBA CORPO EN FORMA: "O baile do cadrado"

Hoxe levantámonos un pouco bailaríns polo que vos achegamos un pequeno reto musical que consiste en replicar todo ou unha parte do famoso "baile del cuadrado". Aquí volo deixamos. 


Ánimo que sabemos que sodes todos uns artistas!!

PROBA MENTE EN FORMA : "Caras comestibles"

Elixe a froita, verdura ou calquer alimento que che guste: pera, plátano, laranxa, mazá, uvas, piña, tomate, cenoria, etc. 

Unha vez elixido, insértalle ollos, nariz, cellas, boca e divertidos accesorios como pelucas, sombreiros ou gorras. Crea un  personaxe expresando o teu estado de ánimo.

Constrúe a túa cara e ensínanos que ben quedou! Tamén podes facelo con caras de animais ou o que máis che apeteza. 




Esperamos as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a 

fapasagradafamilia@gmail.com.

LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.





No hay comentarios:

Publicar un comentario