TRIVIAL
Hoxe propoñémosvos un reto de larga duración, que significa iso? Significa que cada día de reto, subirémosvos 3 probas, completar as 3 probas suporá conseguir un queixiño, ata un total de 4 queixiños, atrevédesvos?
PROBA CORPO EN FORMA:
Proba 1: Colle o cesto do lixo da casa, túmbao no chan e ponte fronte a el a unha distancia de 3 metros. Cunha pelota e nun tempo dun minuto, co pé debes encestar a pelota o maior número de veces posible, reta a todos os da casa!!
Material necesario: cesto do lixo e pelota.
Material necesario: cesto do lixo e pelota.
Proba 2: Busca un axudante e colocádevos a 2 metros, para superar a proba debedes nun minuto de tempo, pasarvos unha pelota un mínimo de 5 veces sin que caia ao chan, pero non poderemos recepcionar a pelota coas dúas mans, sempre cunha soa.
Material necesario: pelota pequena ou de papel.
Material necesario: pelota pequena ou de papel.
IMOS ALÁ!!
MENTE EN FORMA: DADOS CRUZADOS
Proba 3: Este reto consiste nun sinxelo xogo no cal con dous dados e un taboleiro podemos traballar diferentes actividades.
Podes facelo con actividades de todo tipo, inventar coa túa familia o teu propio taboleiro coas tarefas que vos apetezan e utilizalo para moitas áreas diferentes. Neste caso utilizaremos a lóxica - matemática.
O xogo consiste nun taboleiro con dúas filas de dados, unha á esquerda e outra superior. Tiraremos ambos dados e uniremos un dado da columna esquerda con outro da columna superior para averiguar a tarefa que debemos realizar. Aquí tedes a explicación :
AZUL: se nos tocan un 4 e un 2, uniremos ambas columnas e o resultado será "ordenar os cumples dos meus amigos".
VERDE: se nos tocan un 3 e un 5, calcular os gastos de casa. E así sucesivamente.
Tamén podemos invertir as columnas e comenzar pola superior continuando pola esquerda, podes facelo ao teu gusto. A continuación deixámosvos o exemplo.
Se non dispoñedes de dados na casa, aquí tedes unha plantilla para facelos:
Esperamos as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a
fapasagradafamilia@gmail.com
LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario