miércoles, 1 de abril de 2020

RETO 5

Bos días, familias!

Como levades a corentena? 

Agora máis que nunca sabemos que pasar obrigadamente tanto tempo na casa sen realizar esas actividades que adoitamos facer a diario acaba resultando un pouco molesto para o corpo pero tamén para a mente. Así que amosarei unha serie de exercicios para desentumecer un pouco o corpo, aumentar a flexibilidade e a atención, facilitar a relaxación e reducir o estrés e as tensións que poidamos estar acumulando estes días. Estades preparados?


PROBA CORPO EN FORMA: "Saúdo ao sol"


O saúdo ao sol é unha secuencia formada por diferentes posturas ou asanas. Sírvenos para estirar e tonificar os músculos e normalmente utilízase previo á práctica do ioga. Entre os seus beneficios están tonificar e revitalizar todos os músculos do corpo e dar flexibilidade ás articulacións.
Podemos practicalo todas as mañás despois de erguernos ou ben antes de deitarnos para poder durmir mellor.

A proba consiste en realizar a secuencia do "Saúdo ao sol". Dependendo da idade podemos simplificar a secuencia reducindo o número de posturas. 

A continuación déixovos unha imaxe que mostra a secuencia completa. Non esquezades a respiración ;)






PROBA MENTE EN FORMA: "Rutina canto conto"

Agora xa coñecemos o saúdo ao sol e a seguinte actividade está directamente relacionada con el. 
A proba consiste en inventar un conto ou historia para facer a secuencia de posturas que acabamos de aprender. Cada postura ten que relacionarse con aquilo que vaiamos contando.
Aquí vos amoso un exemplo que atopei na páxina "Sigil of Dreams" e pareceume moi boa idea:




Se vos apetece, deixo tamén o enlace á páxina onde se explica como ir guiando aos nenos e nenas, é moi interesante!


ESTADES PREPARADOS?

Espero as vosas fotos e vídeos, podedes envialos a 

fapasagradafamilia@gmail.com.

LEMBRADE QUE CADA FOTO SUMA 1 PUNTO e CADA VÍDEO SUMA 10 PUNTOS.